viernes, 13 de febrero de 2015

SALIMOS EN PRENSA!



A colaboración dos alumnos/as do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense ca iniciativa Voz Natura é recoñecida publicamente nos Xornais da nosa Comunidade. Foron sucesivas ocasións nas que os rapaces ocuparon páxinas de prensa coma a A Voz  de Galicia, A Rexión,.. nas que se contan as actividades ecolóxicas e de concienciación ca natureza que levaron a cabo.

Podemos atopar publicacións como as seguintes:


- Construcción dun "Super Invernadoiro"
- Novos Adornos para a horta escolar de Oira.
- Agricultura orgánica noa horta de Oira.
- Ecovixiantes e o día dos ríos.
- Xornada sobre o cambio climático no Parque Botánico de Montealegre.
- Plantación de árbores en Cudeiro.
- Ecovixiantes en acción: apadriñamos o río.
- Ecovixiantes e o Proxecto Río.
- Diario dos Ecovixiantes.
- Horta escolar de Franciscanas é finalista.

martes, 10 de febrero de 2015

APRENDEMOS COMO SE FAI O MEL!!




Os rapaces/as do Colexio Divina Pastora Franciscanas de Ourense, están moi interesados en coñecer os secretos do mundo animal que se esconden  nos nosos bosques e espazos rurais. A iniciativa Voz Natura  botounos unha man explicándonos e deixándonos ver como se fabrica o mel que despois podemos mercar nos supermercados dos nosos barrios.

Algúns representastes desta organización ensináronnos como as abellas realizan o mel nas súas colmeas, como os humanos temos que recollela, a importancia de ir vestidos de maneira axeitada para que non nos poidan picar, como hai que tratar despois o producto recollido para podelo consumir, como envasalo... é dicir, aprendimos de todo sobre o mundo da apicultura!


Aquí están algunhas fotos dos alumnos/as que participaron nesta experiencia enriquecedora!!!








FACEMOS COMPOSTAXE!



A iniciativa da Voz de Galicia, Voz Natura, xunto cos rapaces/as do Colexio Divina Pastora Franciscanas de Ourense estamos concenciados de que o noso planeta necesita coidados, que é de vital importancia ser responsables cas actividades que facemos tratando de aproveitar todas as oportunidades para reciclar e reutilizar o que consumimos, e conseguir desta meneira alongar a súa vida todo canto poidamos. 

Despois de moito pensalo, chegamos a conclusión de que sería unha boa idea realizar compostaxe cos restos de alimentos que consumimos, e así evitar o emprego de fertilizantes e productos químicos dañinos para a terra. É un simple e pequeno xesto que trae consigo un gran paso e avance para o noso planeta.

Antes de poñerse mans á obra é importante que os alumnos reciban uns coñecementos teóricos básicos sobre esta práctica, os cales foron impartidos polos representantes de Voz Natura. Unha vez adiquiridos eses coñecementos podemos pasar á fabricación deste recurso ecolóxico!

Aquí podedes ver algunhas imaxes durante as diferentes xornadas de traballo!











CONSTRUIMOS UN INVERNADOIRO!


Os estudantes do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense son rapaces/as comprometidos co medio ambiente, que coidan e respetan a natureza que os rodea. Todos nós, xunto ca iniciativa do xornal La Voz de Galicia, Voz Natura, estamos a construir invernadoiros empregando material reciclado como as botellas de plástico. Durante todo este curso escolar, empregando ratos libres durante a semana e aproveitando as horas dos fins de semana, construímos numerosos invernadoiros de pequeno tamaño, e como o resultado foi todo un éxito, decidimos construir un SUPER INVERNADOIRO empregando entre 2000 e 3000 botellas!!!

Con esta iniciativa, queremos fomentar un estilo de vida ecolóxico, a precupación pola natureza e unha actitude grupal que favoreza ao compañerismo e cooperación, onde os alumnos poidan traballar en equipo para conseguir manter a Terra un pouco máis limpa e sá.

Aquí están algunhas das fotos durante as xornadas de traballo: